Site icon Crónica3.com A Mariña

O centro de día “A Concordia” de Ribadeo conta xa con dous novos aseos

la foto 2Ribadeo, 27 de marzo de 2014.- O centro de día “A Concordia” conta xa con dous novos aseos nos que a obra social de La Caixa e o Concello investiron uns 24.000 euros. O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que esta dotación permite elevar o ratio das persoas que poden ser atendidas nestas instalacións, pasando das 18 actuais a 40.

O rexedor explicou que “dende onte o centro de día “A Concordia”, de Ribadeo, que é municipal pero está rexido polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, xa dispón duns novos aseos, o que permite elevar o ratio de persoas que poden estar atendidas aí das 18 actuais ás 40. Este investimento, duns 24.000 euros, está sufragado exclusivamente cunha achega da Obra Social de La Caixa duns 9.500 euros e o Concello de Ribadeo aportou uns 14.000 euros”. Suárez Barcia subliñou que “estas dúas entidades, La Caixa e o Concello de Ribadeo, fixemos posible que esta ampliación poida ser unha realidade e agora tócalle á Xunta, loxicamente, mover ficha para iniciar xa de maneira inmediata os procedementos para ampliar o número de prazas das 18 actuais ata ese límite de 40”.

Os novos aseos do centro de día A Concordia foron inaugurados nas últimas horas.

O alcalde agarda que “a Xunta neste caso sexa máis áxil do que está sendo para a achega dos 500.000 euros, tal e como se comprometera, para a residencia de maiores de Ribadeo, que estamos nestes días licitando e para a que a día de hoxe só temos enriba da mesa o compromiso formal, a Deputación Provincial de Lugo nunha parte moi importante e o Concello de Ribadeo na parte que se subrogou do que a Xunta se comprometeu a poñer”.

Mesa de contratación da residencia de maiores
Fernando Suárez comentou que “esta tarde xuntarase por primeira vez a mesa de contratación da residencia, na que están todos os portavoces dos grupos políticos e máis os técnicos, para proceder a abrir as propostas que 19 empresas presentaron para executar esta obra tan importante para Ribadeo”.

Exit mobile version