Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo abre o prazo de inscrición para o Campionato de Tute e Parchís polo Día do Xubilado

Cervo, 5 de marzo de 2014- A Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Pilar Armada, abre o prazo de inscrición para o Campionato de Tute e Parchís que se convoca todos os anos polo Día do Xubilado. As persoas que desexen participar neste torneo poden apuntarse ata o día 21 de marzo na Casa da Cultura ou no teléfono 691 65 66 00.

En canto ás partidas, comezarán a xogarse o 24 de marzo na Casa do Mar, e rematarán nos días previos á celebración do Día do Xubilado, o 1 de maio. Será ese mesmo día cando se entreguen os premios aos gañadores.

Armada convida a participar neste campionato xa “habitual nestas datas” e que consegue “crear un ambiente de convivencia de cara á celebración do Día do Xubilado”.

Exit mobile version