Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo ven de repartir 2.280 euros en premios no Desfile de Entroido 2014 en San Cibrao

O Concello de Cervo fixo entrega dos premios do desfile de Entroido 2014 este martes ás 20.00 horas para as categorías infantil e xuvenil e ás 22.00 horas para os adultos.

O xurado considerou que o mellor disfraz individual infantil foi “Super Mario Bros”, mentres que por parellas sería “Gran Prix”. Entre os grupos da categoría infantil foron outorgados o primeiro e segundo premio a “As mariposas” e “Burbulliñas de Champagne”, respectivamente. As comparsas infantís que se fixeron cos tres premios foron: “A perla negra”, “Exército de corazóns” e “Os cocinillas”, respectivamente; e na categoría xuvenil distinguíronse dous premios: “As xoias do Nilo” e “Batutoko”.

E entre os adultos foron destacados “O sheriff”, en individual, e “Espantallos” e “As mariposas de primavera” co primeiro e segundo premio, respectivamente, na categoría de grupos. As comparsas que se alzaron cos premios foron: “Rusas e matriuskas”, o primeiro, “Os farillós”, o segundo e “Blancanieves y los 7 enanitos”, co terceiro.

Exit mobile version