Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove conmemora o Día Internacional da Muller con lecturas, unha película e merendas

O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten preparado un amplo programa de actividades para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER no noso Concello, programa que pasamos a desgranar:

VENRES, 7 DE MARZO.- As actividades deste día vanse centrar nos nenos e nenas da Escola Infantil de Xove, aos cales se lles vai impartir unha LECTURA DE CONTOS NON SEXISTAS; a celebrar pola mañá, sobor das 11:00 horas.

SÁBADO, 8 DE MARZO.- A película de Patricia Cardoso “LAS MUJERES DE VERDA TIENEN CURVAS” vai centrar as actividades deste día. Así, ás 17:00 horas, na OMIX, vaise proxectar a citada película. Posteriormente terá lugar un obradoiro sobre o film a cargo de Lucía Meitín, rematando esta actividade cunha pequena merenda para tódolos participantes. Esta actividade vai dirixida aos rapaces e rapazas de Xove.

DOMINGO, 9 DE MARZO.- Actos finais do Día da Muller Traballadora coa celebración da “VIIª MERENDA DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA”. Esta actividade vaise desenvolver no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 17:30 horas, e na mesma recitarase poesía e relatos curtos a cargo das mulleres que o desexen.

Queremos chamar a atención sobre o feito que as actividades dos tres días están destinadas a públicos distintos. Os dous primeiros días a nenos/as e rapaces/as, co fin de valoren o papel da muller na nosa sociedade, así como eliminar resabios sexistas. O último día está aberto a mulleres de tódalas idades.

Exit mobile version