Site icon Crónica3.com A Mariña

O CSI-F critica a confirmación do despido de dúas traballadoras de Alcoa en San Cibrao

O Comité de Empresa celebrou este martes a súa reunión mensual na que se debatiu a notificación da empresa a dúas traballadoras de San Cibrao que serán despedidas no prazo legal que marca a lei cun prazo de 72 horas para presentar alegacións a este despido.

“Este dato, que xa foi denunciado polo CSI-F na prensa, confírmase coma un feito real aínda que había esperanzas de que nas negociacións coa empresa se encontrara unha saída non traumática, que evitara o despido. Ó final, non podemos celebrar o resultado xa que so hai unha promesa verbal de que a unha delas se lle volverá a contratar no futuro nun posible posto que quede vacante por xubilación, pero cun soldo moitísimo máis baixo que o actual”, afirman José Manuel Piñar Quesada.

“O CSI-F xa pedía na reunión do mes pasado, que se realizara unha asamblea xeral de traballadores para debater posibles solucións posto que se creaba un grave precedente nunha empresa a pesar de estar dando beneficios. Nesta postura estaba tamén a CIG, pero non se fixo cos votos de UXT, CCOO e Cuadros que non o cren necesario”, manifestan dende o CSI-F.

“O paradóxico é que as dúas compañeras que se despiden tiveron que ensinar a realizar o seu traballo a dúas traballadoras que viñan de Hungría para dende ese país realizaran o seu traballo. Iso sí, sempre lles quedaba a esperanza de que serian recolocadas noutro posto de traballo en San Cibrao, pero agora teñen a carta de despido sobre a mesa”.

“ALCOA tamén está negociando despidos con traballadores de maior idade e desta forma eliminar ditos postos de traballo sen ter que comprometerse a meter a outro máis novo por Contrato de Relevo. Todo isto é consecuencia de non obrigar á empresa a acordar o mantemento dunha plantilla mínima para San Cibrao que impida este continuo goteo á baixa nos postos de traballo”, critican.

Exit mobile version