Site icon Crónica3.com A Mariña

O desfile de Entroido encherá de cor as rúas de Ribadeo este martes, festivo local

Ribadeo, 3 de marzo de 2014. Concello e Comisión de Carnaval fan unha chamada aos veciños e ás veciñas de Ribadeo e doutras localidades da comarca a que mañá se acheguen a disfrutar do desfile que percorrerá as rúas da vila a partires das cinco da tarde.

O martes de Entroido é festivo local en Ribadeo polo que se agarda que a xente saia á rúa de xeito multitudinario, “agardamos que o tempo nos acompañe, e que polo menos non chova. Hai moita ilusión e moito traballo posto nesta cita, como todos os anos”, din desde a organización.

Por outra banda, Concello e Comisión lamentan a suspensión da VIII Cea de Entroido, prevista para esta noite.

Exit mobile version