Site icon Crónica3.com A Mariña

O domingo, Mercado do Souto en Cervo

O domingo 23 de marzo KARRIKANTA e AIRIÑOS do XUNCO prevén celebrar unha nova edición do mercado de proximidade nunha xornada de encontro no pavillón deportivo do CEIP de Cervo entre as 10.00 e as 14.00 horas. O Mercado do Souto, que se celebra os segundos e cuartos domingos de cada mes, pretende poñer en contacto vendedores e consumidores co obxectivo de dinamizar o comercio local e dar a coñecer a produción da zona. Así, haberá postos de produtos da horta, artesanía en coiro, xabóns artesanais, pastas, pan, sementes, etc… e produtos locais. En vindeiras edición, agardan contar con mellor tempo para transladalo ó seu lugar de orixe, a Praza do Souto.

Exit mobile version