Site icon Crónica3.com A Mariña

Ó galego de campo a través despois de coñecer o récord de Ainara Rodríguez

O vindeiro sábado 8 de marzo a sección de atletismo das ED Lourenzá Mondoñedo desprazarase á Pobra do Caramiñal para participar no Campionato Galego de Campo a través.

Estarán os equipos alevín feminino, alevín masculino, cadete feminino e Aarón Rivas formando parte do equipo cadete masculino da AD A Mariña.

Alevín Feminino:
Ainara Rguez, Ana Vallines, Ainhoa López, Hiba Bouyzar, Marta Mourelle, Carme Mourelle.

Alevín Masculino:
Alexandre Santiago, Hugo Villalba, Nicolás Álvarez, Aleix Díaz, Mario Pardo, Xaquín Sánchez.

Cadete Feminino:
Xana Rodríguez, Carmen López, Erika Vizoso, Arabela Martínez.

As probas comenzarán a partir das 11.30 horas.

Os equipos alevín masculino e feminino parten con posibilidades de quedar ben clasificados por equipos, así como Ainara, Ana e Alexandre intentarán facer un bo papel na clasificación individual; ademáis de Aarón Rivas co equipo de A Mariña.

Ademais, de A Mariña participará o equipo cadete masculino de A Mariña integrado por representantes de S. Roque, Galdo e Lourenzá; así como o equipo cadete feminino de S. Roque, Clara Díaz de Sta. Rita e Ivilene Pereira de M. Otero en individual.

Ainara Rodríguez, novo récord galego de atletismo
Ainara Rodríguez accede ó palmarés da Federación Galega de Atletismo como mellor marca na velocidade galega dos 60 lisos en pista cuberta realizado o pasado 22 de febreiro na Copa Deputación en Lugo. A marca rexistrada é de 9 segundos 17 centésimas.

Exit mobile version