Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Literario Leiras Pulpeiro presentarase no Museo Provincial de Lugo

Este venres 14 de marzo, ás 20:00 horas, terá lugar no Refectorio do Museo Provincial de Lugo a presentación do Grupo Literario Leiras Pulpeiro, acto que contará coas intervencións de: Julia María Labrador Ben e Fran Bouso, coordinadores do grupo, así como tamén de Sabela Brand García, Verónica Folgueira Rouco, Inma Alonso Rodríguez, Nicolle García Flores, Alazne Lodeiro Penas e Ramón Villaverde Fernández (alumnos/as) e Mª Juncal Martínez Modia e Mª Xosefa Senín Fernández, profesoras do IES Manuel Leiras Pulpeiro (Lugo), Xe Freyre e Antonio Reigosa.

A animación musical estará a cargo de César Morán (voz e guitarra) con poemas de Leiras musicados por el mesmo, e Afonso Morán (contrabaixo).

No acto realizarase tamén unha lectura pública de textos de Leiras na que participan Isidro Novo, Aurora Besteiro, Manuel Muñiz, Toño Nuñez, Tareixa Campo, Paco Pestana e Mario Outeiro.

Proxectarase un breve documental elaborado pola Fundación TIC e un vídeo, montaxe da autoría de Caxigueiro.

A entrada a este acto é libre e gratuita.

Exit mobile version