Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo municipal popular de Viveiro interésase polos orzamentos para 2014 e o funcionamento da EDAR

O PP de Viveiro agarda obter resposta da alcaldesa durante o vindeiro Pleno municipal sobre o funcionamento da EDAR, situada na zona de Lavandeiras, e a súa débeda; ademais da falta de orzamentos para este ano 2014.

O concelleiro popular César Aja recorda que “en vías de sobrepasar el primer trimestre del año 2014, seguimos sin contar con el correspondiente presupuesto a pesar de las importantes diferencias existentes entre los ejercicios 2013 y 2014”.

Neste sentido engade que “sin realizar un análisis exhaustivo, solamente a groso modo, en este año 2014 tendremos que empezar a amortizar los créditos del Plan de pago a Proveedores, se incrementa el canon de Sogama, las sentencias judiciales se multiplican exponencialmente y cada vez hay que pagar más indemnizaciones, amén de condenas en costas e intereses”. Tamén recorda que “las solicitudes de devolución de licencias de obras no ejecutadas, son cada vez más numerosas, reclamaciones de proveedores aparecen un día sí y otro también, tal y como se refleja en el registro municipal”.

Ante esta situación, Aja pregúntalle ó Grupo de Goberno se ten previsto levar a pleno a aprobación dos ornamentos de 2014, e se é así, para cando está previsto o seu envío a Comisión e, posteriormente, ó Pleno. Ademais, “¿no considera la Sra. Alcaldesa que es una temeridad el afrontar un ejercicio presupuestario el 2014, con unas consignaciones presupuestarias completamente distintas a las reales?”, recolle Aja nunha das preguntas rexistradas para obter resposta no vindeiro Pleno do mes de abril.

Tamén pregunta o concelleiro popular polo coste anual da depuradora de augas residuais de Viveiro e se o Concello lle paga a Aquagest polo seu funcionamento; xa que “al menos que nosotros sepamos, no se ha procedido a aprobar una ordenanza que permita recaudar los gastos ocasionados por este servicio, entendendo que los mismos se repercuten sobre los presupuestos generales”. Se non é así, o concelleiro interésase por coñecer a cantidade que se lle adebeda á empresa polo seu mantemento e que suporía o incremento do endebedamento municipal “a parámetros inabordables”.

Así mesmo, tamén se interesa polo coste que lle supón ó Concello a Estación de Pretratamento e a cantidade recadada anualmente en concepto de canon de depuración. E, no mesmo sentido, pregúntase se o equipo de goberno ten valorado “lo que supondría el instalar una estación depuradora para las dos conserveras al objeto de evaluar y comparar los costes de esa depuradora con la Estación de Pretratamiento”.

Exit mobile version