Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Municipal Popular de Viveiro presenta novos rogos no Concello en torno a melloras nas vías de comunicación

Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:

1º ) Veciños da Rúa de acceso ó antiguo Colexio publico da parroquia de Covas (hoxe Centro Sociocultural ), manifestáronnos en varias ocasións as malas condicións nas que se atopa esta rúa dende fai anos, estando chea de fochancas, con cortes de suministro de auga a miúdo, con moitas deficiencias en canto ó firme e mesmo cunha deficiente canalización das augas e un estado lamentable do alcantarillado. Este feito ten provocado danos en algunha vivenda , motivo polo que ROGAMOS que se de prioridade á reparacións de todas as anomalías que presenta esta rúa en futuras accións a realizar, ben sexa con investimento local, provincial ,autonómico ou estatal.

2º) No Barrio do Chao da parroquia de Celeiro, hai unha parada de bus moi utilizada polos seus veciños e veciñas, atopándose sen marquesina dende fai moitos anos como consecuencia da ampliación da carretera como sinalan algúns veciños. O certo é que a día de hoxe non está reposta no seu lugar, o que obriga ós viaxeiros a buscar refuxio en lugares fóra da propia parada, por este motivo ROGAMOS ó equipo de goberno local que realice as xestións necesarias para a recolocación da citada marquesina nesta parada do Barrio do Chao.

3º) No barrio da Misericordia, vive unha familia cuns 37 cans, uno de cuxos membros solicitou que se lle buscase unha solución para poder albergar noutro lugar estes animais. Por outra parte, os veciños do lugar denunciaron esta situación polo insalubre da misma. “Situación que verbalmente comunicamos á Sra. Alcaldesa e que reiteramos novamente”, conclúen os populares.

Exit mobile version