Site icon Crónica3.com A Mariña

O incendio da parroquia de Bogo (A Pontenova) foi extinguido despois de queimar 25 hectáreas

Santiago, 21 de marzo de 2014.- A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción do incendio forestal rexistrado no municipio lugués da Pontenova, na parroquia de Bogo.

O lume iniciouse ás 02:07 horas da madrugada deste venres e quedou finalmente extinguido ás 15:42 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 25 hectáreas, das cales 4 son arboradas e 21 de monte raso. Nos traballos de extinción deste incendio participaron 5 axentes forestais, 6 brigadas e 4 motobombas.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Exit mobile version