Site icon Crónica3.com A Mariña

O Observatorio organiza unha charla informativa sobre a custodia compartida en Ribadeo

O Observatorio da Mariña pola Igualdade retoma o próximo venres 21 de marzo, ás 20.00h na Casa das Letras de Ribadeo, o ciclo de charlas informativas sobre temas de actualidade que ven desenvolvendo desde fai tempo. Desta volta, o tema a tratar é a custodia compartida e para elo contarase coa avogada Victoria Carbajal, representante do colectivo asturiano “Abogadas para la igualdad” e experta universitaria en malos tratos e violencia de xénero.

Desde que foi presentado e aprobado polo Concello de Ministr@s o Anteproxecto de Lei sobre o exercicio da corresponsabilidade parental en caso de nulidade, separación ou divorcio, en setembro do 2013, moitas son as voces que se manifestaron, a favor e en contra, desta reforma, e moita é a desinformación que existe arredor do mesmo. É por iso que desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade se aposta de novo por unha xornada informativa, cunha experta no tema, para que toda a xente que o desexe poida aclarar dúbidas sobre os distintos tipos de réxime de custodia compartida (preferente, alternativa ou excepcional), e sobre a necesidade ou non de modificar a lexislación actual co proxecto de reforma do Código Civil que establece a custodia compartida como modelo preferente.

Coma sempre, a charla informativa é aberta a tod@s os públicos e, ao final da mesma, deixarase un tempo para preguntas e debate.

Exit mobile version