Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro presenta varios rogos no Concello para “subsanar deficiencias na maior prontitude posible”

Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:

1º) A petición de varios veciños da Rúa Emilio Bouza Basanta da parroquia de Covas, o grupo municipal do PP ROGALLE á Sra. Alcaldesa que requira unha vez mais ó constructor e dono da finca, da obra paralizada fai meses ó carón das vivendas de O Pedregal, para que a maior brevidade posible , adecente, limpe, e elimine do oco da obra, as augas estancadas, que producen un cheiro naseabundo, así como plagas de mosquito, o que provoca malestar e molestias entre os veciños do citado barrio, así como da unha imaxe lamentable que en nada contribue a mellorar a nosa calidade medio ambiental.

2º) Na parroquia de Magazos, entre as estradas LU-P-6611 e a LU-P-6604 Km 0, ambas competencia da Deputación Provincial, hai un lavadoiro público en onde na primeira está protexido por un quitamedos, namentres que pola segunda non hai quitamedos co conseguinte perigo tanto para os veciños que usan dito lavadoiro, como para os automovilistas, motivo polo que ROGAMOS a Sra. Alcaldesa que realice as xestións oportunas para a colocación dun quitamedos na estrada LU-P-6604, así como a reposición dun espello de seguridade vial no mesmo lugar, o que sin lugar a dúbidas mellorará a seguridade dos veciños e dos automovilistas.

3º) No Barrio de Verxeles, varios veciños na maioría personas de idade, manisfestáronnos a necesidade deque se poñan máis bancos de madeira, dado que os dous existentes son insuficientes; por este motivo ROGAMOSLLE a Sra. Alcaldesa a colocación de máis bancos para satisfacer esta demanda dos veciños de Verxeles.

Exit mobile version