Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro propón a cesión a Costas dunha parcela contigua ao Paseo do Landro para a construción dunha instalación náutico-deportiva

O PP de Viveiro propón a cesión da parcela contigua ao Paseo do Landro na zona de Castelo – Magazos para a construción dunha instalación para gardar material náutico.

Os populares recordan que “en diversas ocasións, e non só ó grupo municipal popular, senón a maioría da Corporación, se manifestou por parte do colectivo de piragüistas a necesidade da construción dunha instalación náutico-deportiva na zona de Castelo-Magazos. Deste xeito, axudaríalle ó club a ter un maior acceso para a práctica deste deporte; pero, especialmente, a aqueles deportistas que por distintas causas padecen algún tipo de minusvalía e non poden transportar as piraguas se non é con axuda dalgún familiar, contribuíndo así a facilitar a práctica deste deporte”.

O Concello de Viveiro posúe unha parcela contigua ao Paseo do Landro de onde parte un dos pantaláns que, no caso de cesión a Costas, este organismo procedería á construción da mencionada instalación para poder albergar os distintos utensilios do colectivo de piragüistas.
O PP de Viveiro propón a cesión da parcela contigua ao Paseo do Landro na zona de Castelo – Magazos para a construcción dunha instalación para gardar material náutico.

Exit mobile version