Ata agora a asociación Amigos da Cociña Galega estaba formada por 21 restaurantes: Mesón de Alberto, de Lugo; La Barra, tamén da capital lucense; Botafumeiro, de Barcelona, Bistró, de Monforte de Lemos; Botafumeiro, de Barcelona; D´Berto, de O Grove; Durán, de Vigo; Eladio, de Valencia; A Goleta, de Sanxenxo; Koki, de Lugo; Lúa, de Madrid, A Madama, de Sanxenxo; El Mesón Gallego, de Puerto Rico; Mogay, de Chantada; Nito, de Viveiro; El Pasaje, de Santiago de Compostela; Ponteareas, de Madrid; Rías Gallegas, de Valencia; Rías de Galicia, de Barcelona; Solla, de Poio; Taberna del Náutico, de Sanxenxo; e La Viuda, de Pobra de Trives. A este selecto grupo incorporarase o restaurante San Miguel, de Ribadeo.
Este colectivo fundouse no ano 1982 e actualmente está presidido polo prestixioso cociñeiro Pepe Solla, de Poio (Pontevedra). Ó largo da súa historia a asociación foi a encargada de organizar xornadas de promoción da cociña galega en varios lugares de España como Madrid, Barcelona, Valencia, Marbella, en países como Arxentina, Venezuela, Brasil, Estados Unidos e nas principais capitais europeas. Ademais, Amigos da Cociña Galega dirixiu o restaurante do pavillón de Galicia na exposición universal celebrada en Sevilla en 1992, onde logrou o segundo premio entre os máis de 400 establecementos participantes. Tamén recibiu numerosas distincións coma o Premio Nacional de Gastronomía ou a Medalla de Prata de Galicia.
O cociñeiro e copropietario do restaurante San Miguel, José Ramón Rodríguez, comentou que “es un honor entrar a formar parte de una asociación en la que están desde hace muchos años restaurantes de cocina gallega emblemáticos”. O restaurante San Miguel, situado no porto deportivo de Ribadeo, leva 13 anos ofrecendo unha ampla e variada carta co mellor da gastronomía tradicional galega, respetando os sabores dos produtos do mar e da terra.