Site icon Crónica3.com A Mariña

O salón de conferencias burelés acollerá este venres unha charla sobre o aforro de enerxía e de auga nos fogares

Burela, 6 de marzo de 2014. O salón de conferencias acollerá mañá, venres, ás 19 horas unha charla na que se analizará O aforro de enerxía e de auga nos fogares. Será impartida pola técnico de medio ambiente municipal, Mª José Castro.

A charla está organizada pola Concellería de Medio Ambiente, que lembra que “o vindeiro 22 de marzo celébrase o día mundial da auga, que terá coma obxectivo concienciar á cidadanía sobre a necesidade de aforrar enerxía e auga nos seus fogares, para reducir a súa contribución ao cambio climático e colaborar activamente na protección do medio ambiente. Entre todos debemos promover o autocontrol do consumo doméstico de auga e enerxía, implementando medidas e comportamentos aforradores”.

Exit mobile version