Site icon Crónica3.com A Mariña

O subdelegado do Goberno recibiu a un grupo de escolares que visitou a Capitanía Marítima de Burela

capitaniaburela-ceipvistalegreO subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o capitán marítimo de Burela, José Ángel Iglesias Durán, recibiron este luns na sede da Capitanía Marítima a medio cento de escolares do CEIP Vista Alegre da propia localidade, no marco das actividades promovidas pola Capitanía para achegar a súa labor á sociedade e dar a coñecer os seus cometidos, especialmente no tocante á seguridade marítima e contaminación.

Os escolares, alumnos de 5º 6º de Primaria, visitaron o edificio da Capitanía, que fora inaugurado pola ministra Ana Pastor en marzo de 2013, e recibiron unha charla sobre a misión da Administración Marítima.

Gardamar Concepción Arenal
Acompañados do subdelegado, o capitán marítimo e o alcalde de Burela, os estudantes puideron ademais embarcar na Gardamar Concepción Arenal, un dos buques de Salvamento Marítimo, construído precisamente nos asteleiros Armón de Burela. Operativa dende o ano 2009, a embarcación tén o seu radio de acción entre a localidade de Laxe (A Coruña) e Avilés (Asturias) onde realiza labores de patrulla e rescate de persoas no mar.

A Capitanía Marítima de Burela exerce xurisdicción, no ámbito da marina civil, sobre as augas litorais da provincia de Lugo. Extende a súa influencia nas augas e portos comprendidos entre a ría de Ribadeo e Estaca de Bares. Dependen dela os Distritos Marítimos de Ribadeo e Viveiro, así como os portos de Ribadeo, Viveiro, Celeiro e San Cibrao.

Exit mobile version