Site icon Crónica3.com A Mariña

O Viveiro FSF voltou a reencontrarse coa vitoria tras varios resultados negativos

O Viveiro voltou a reencontrarse coa vitoria tras unha xeira de resultados negativos. As viveirenses gañaron na casa por 5 a 0 ante o Sarria FSF.

O partido presentabase a priori propicio para acada os tres puntos en xogo, xa que o equipo visitante ocupa os últimos postos da categoría e no partido da primeira volta as viveirenses acadaran unha contudente vitoria en Sarria por 0-9, pero nas últimas xornadas as visitantes habían acadado unha serie de resultados que facían ver unha melloría no seu xogo.

O partido foi de completo dominio do Viveiro ante una rival que apenas inquedaba a porteria defendida por Diandra e que se defendía con orde ante os ataques locais, que pese as claras ocasións so se ían ao descanso cun 2-0 no marcador, que non reflexaba o visto sobre o campo.

A segunda parte seguiu a mesma tónica, pero as locais enseguida acadaron dous novos tantos que ante unhas xogadoras visitantes que acusaban o esforzo defensivo ao que as locais as obrigaban e que apenas inquedaban o marco local.

A superioridade local fixo que na segunda metade dispuxeran de minutos as dúas xogadoras das categorías inferiores convocadas para o encontro, Anna e Rosanna.

Nos últimos minutos o Viveiro anotaría o definitivo 5-0.

Viveiro.: Diandra, Xiana (2), Raquel, Nerea (1), María (1). Tamén Xogaron.: Mery, Andrea, Lorena, Marta (1), Rocio, Anna y Rosanna.

Sarria.: Ana María, Belén, Ivonne, Natalia, María Jose. Tamén Xogaron.: Lucia, Ainara e Sandra

Exit mobile version