Site icon Crónica3.com A Mariña

O Xulgado de Viveiro conta con conexión a Internet de 100 megas grazas ó Plan de Banda Larga da Xunta

Santiago, 9 de marzo de 2014.- O Xulgado de Viveiro vén de sumarse  ás sedes xudiciais galegas con acceso a Internet de 100 Mbps, grazas as actuacións do Plan de Banda Larga da Xunta. No marco deste Plan, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) completou a implantación desta tecnoloxía nas sedes dos partidos xudiciais de Vilalba, Monforte, Mondoñedo, Chantada e Lugo, que xunto  co de Viveiro,  supoñen o 66% da sedes xudiciais da provincia.

O  Plan facilitou xa o acceso a redes de 100 megas en 35 edificios das 45 sedes xudiciais existentes nas catro provincias galegas. Na provincia da Coruña dispoñen desta conectividade o 78 % das sedes xudiciais, en Pontevedra o 100%, e en Ourense, un 55% *.

A mellora destas infraestruturas de telecomunicación posibilita, ademais do incremento da velocidade de conexión, o acceso simultáneo dun maior número de usuarios e a posibilidade de traballar cun maior número de aplicacións informáticas.

Con esta actuación búscase dotar tanto ás cidades como ao rural da mellor conectividade posible, e avanzar na modernización da xustiza con iniciativas como o Plan Senda para introducir as TIC no eido xudicial galego, que leva investidos  investidos 13,7 millóns de euros no período 2009-2012. As medidas do Plan abranguen a mellora das infraestruturas de telecomunicacións das sedes xudiciais, a implantación e actualización dos sistemas de información.

 

Máis de  1 millón de galegos con acceso a 100 Mbps

Para o desenvolvemento de iniciativas como o Plan Senda e para a integración das TIC en todos o ámbitos administrativos é fundamental contar infraestruturas de telecomunicación adecuadas. Por iso, a Xunta puxo en marcha ano o Plan de Banda Larga 2010-2013, que está a posibilitar que tanto os centros administrativos como os cidadáns teñan acceso a un servizo de Internet de calidade que lles permita integrarse de xeito efectivo na sociedade da información.

Unha das actuacións do Plan é a extensión de redes de nova xeración en colaboración co operador R e que xa permitiu que máis de un millón de galegos teñen acceso á redes de fibra óptica de 100 Mbps, que permiten fornecer servizos innovadores, mellorar a calidade ofrecida ao usuario e adaptarse máis rapidamente ás novas Tecnoloxías da Información e Comunicación.

 

*Xuntase cadro por provincias coas sedes conectadas con esta tecnoloxía

Sedes Xudiciais con Conexións Iguais ou Superiores a 100Mbps
A CORUÑA LUGO OURENSE PONTEVEDRA
A Coruña Chantada Carballiño A Estrada
Arzúa Lugo Ourense Cambados
Betanzos Mondoñedo O Barco de Valdeorras Cangas
Carballo Monforte Xinzo de Limia Caldas
Corcubión Vilalba Lalín
Ferrol Viveiro Marín
Negreira Ponteareas
Noia Pontevedra
Ordes Porriño

Santiago de Compostela

Redondela

Ribeira

Tui

Vilagarcía de Arousa

Vigo
Exit mobile version