Site icon Crónica3.com A Mariña

Ollomao prepara unha nova montaxe teatral para a que convida a participar ós interesados no seu grupo de teatro

O Grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao convoca unha reunión preparatoria da próxima montaxe teatral. A peza escollida é a obra “Noite de Reis” de William Shakespeare. Dita reunión terá lugar o vindeiro venres, 28 de marzo ás 8 da tarde no Canteiro, antigas escolas de San Pedro de Benquerencia, e quedan convidadas todas as persoas interesadas en participar neste proxecto: actores, actrices, músicas/os, escenógrafas/os, costureiras/os, etc.

Ollomao puxo a andar o seu grupo de teatro en abril do 2012, cando tiveron lugar as primeiras reunións para a posta en marcha da representación “Os vellos non deben de namorarse” de Castelao, a cal foi estreada en xaneiro do 2013 e colleitou numerosos éxitos ao longo do ano. Actualmente está a representarse a peza “Oé, oé, oé” do asturiano Maxi Rodríguez, unha obra pensanda para ser levada a espazos de menores dimensións e achegar así o teatro a todos os lugares.

Para máis información, todas as persoas interesadas poderán contactar co C.C. Ollomao por medio de correo-e no enderezo: colectivo.cultural.ollomao@gmail.com.

Exit mobile version