Ramiro Cecilio Domingo Casabella López, máis coñecido como Miro Casabella, nado en Ferreira do Valadouro o 30 de agosto de 1946, é un músico galego vencellado nos seus inicios ao colectivo Voces Ceibes e máis adiante ao grupo de folk DOA.
Tras cursar estudos en Ferreira do Valadouro e Lugo, Miro emigrou a Barcelona en 1964, cidade onde rematou o bacharelato e estudou na Escola de Arquitectos Técnicos. Aínda que o seu interese pola música é temperán, a experiencia catalá meteuno en contacto co movemento da Nova Cançó, que o marcou profundamente. O seu debut musical aconteceu no ano 1967 nesa cidade, acompañando a cantantes da Nova Cançó Catalá. Foi tamén en Cataluña onde gravou os seus primeiros discos, a finais da década dos sesenta: Miro canta as súas cancións e Miro canta Cantigas de Escarnho e Mal Dizer. Ambos os dous traballos son EP’s de catro cancións. O seu contacto co grupo Voces Ceibes tivo lugar a mediados do ano 1968, cando Benedicto e Xerardo Moscoso acudiron á capital catalá co gallo de gravaren os seus primeiros traballos. Miro integrouse no colectivo e mesmo chegou a participar do seu concerto fundacional en Compostela, o 1 de decembro daquel mesmo ano. Porén, o feito de continuar vivindo en Barcelona afastouno da meirande parte das súas actividades, sendo a longo prazo un dos factores da disolución do mesmo[1]. No ano 1969 coñeceu en Barcelona a Paco Ibáñez, con quen tivo unha longa amizade e ao que acompañou nos anos vindeiros en xiras polo Estado francés. En París coñeceu tamén ao cantor portugués exiliado Luís Cília con quen, nos seguintes anos, tocou en Galiza e no resto do Estado español.
No ano 1970 participou no I Festival da Canción Ibérica, xunto con Paco Ibáñez, Luís Cília, Xavier Ribalta, e José Afonso. Tamén nese mesmo ano tocou en París na Festa da Humanité, a festa do Partido Comunista de Francia, onde actuaron tamén figuras como Georges Moustaki, Paco Ibáñez ou Joan Baez.
A finais do ano 1974 o grupo Voces Ceibes decidiu finalizar o seu proxecto e dar comezo ao Movemento Popular da Canción Galega onde, cunha perspectiva ampla, tiveron cabida múltiples artistas de distintos estilos.
Nos anos seguintes, Miro participou en multitude de concertos e festivais, na Galiza e en todo o Península Ibérica, ademais de colaborar musicando pezas de teatro en galego e discos de historias para rapaces. A partir de 1976 a desaparición da censura franquista propiciou tamén a aparición dos seus primeiros traballos longos.
En 1977 veu a luz o disco Ti, Galiza, onde figura (con letra de Xosé Manuel Casado), O meu país, unha das súas cancións máis populares. Un ano máis tarde publicouse Treboada, con arranxos de José Mário Branco e a colaboración de Pi de la Serra. A composición que dá título a este segundo disco está inspirada no Cerimonial da Treboada de Tomiño. Ambos os dous traballos amosan unha peculiar mestura entre a canción de intervención social e a música tradicional, unha marca característica do autor, que ademais de inspirarse en formas populares e cantigas medievais, non desbota o emprego de outros instrumentos alén da guitarra, como a zanfona ou a arpa.
A finais dos anos 70, Miro entrou en contacto co grupo folk DOA, que lle propuxo colaborar no que ía ser o seu primeiro traballo. O cantor incorporouse ao grupo, co que xa colaborara facendo arranxos, en labores de produción, e tamén como cantante nalgúns dos temas, aínda que a orientación do grupo seguía a ser eminentemente instrumental. A súa colaboración non foi máis alá do primeiro traballo (O son da estrela escura, 1979) e rematou a principios dos anos 80.
O último traballo individual do cantor foi o disco Orballo, do ano 2004, onde ademais de revisar algúns antigos temas, toca novamente a problemática social do pobo galego dende unha perspectiva contemporánea, cunha canción dedicada ao Prestige. Ese disco e o feito de seguir participando en concertos, convérteno no último representante de Voces Ceibes en activo, tras a morte de Suso Vaamonde e o abandono da carreira musical do resto dos seus formantes.
Pola labor desenvolvida durante todas estas décadas no aspecto, musical e cultural galego, e tamén parafraseando a frase do poeta “por ser bo e xeneroso”, Os Aventados decidiron outorgarlle o premio “Árdelle o eixo” deste ano.
“Todas estas xentes teñen nomes e apelidos de sobra coñecidos por vostedes, e coa disculpa da crisis están desfacendo o mellor que tiña a sociedade deste pais, a sua sanidade, orgullo de todo o mundo. Queremos decirlles desde aquí, hai solucións, existen outras moitas partidas económicas para reducir sin que teña que ser precisamente a nosa sanidade a que pague os pratos rotos e por ende os menos favorecidos da mesma”.
Este ano ademais Os Aventados acordaron por unanimidade a cocnesión do premio “a toda unha vida” a Paco Piñeiro, maestro e escritor nacido o 4 de xullo de 1956 en Reguengo (Mondoñedo).
Comenzou a súa labor docente en San Cugat del Vallés (Barcelona) de onde volveu para traballar en varias comarcas galegas, afincándose na Marina Lucense. Para completar o seu traballo pedagoxico realizou varias experiencias teatrales no Auditorio de Sargadelos escribiendo e representando dez piezas de teatro infantil. Fundador e director dos l seguientes grupos de teatro para adultos: “O Bordelo” de Cervo (1998), “A Adala” de Fazouro (1999), Agrupación teatral “Francisco Piñeiro” (2000), “O Batán de Cangas” (2009) cos que suma máis de seiscentas representacions por los escenarios de Galicia e Asturias, sempre con pezas da sua autoría, todas elas escritas en galego. Da sua autoría tambén son todalas pezas do grupo Ardora, de San Cibrao.
Entre as súas obras máis representadas destacan: ‘Andar á comenencia’, ‘Na Encrucillada’, ‘Cambadelas’, ‘Relax-Total’,’ Trébedes sen lume’, ‘Plática Sisual’, ‘Katharsis’, ‘Anisocoria’ ,’O Mariñán’, ‘R.I.P. Marandaina’ , ‘O Espello do Prestamista’, ‘No San Campio’, ‘Ferro e fariña’, ‘Borrando sombras’, ‘A derradeira batalla do Marqués de Sargadelos’ (publicada en Edicións do Castro), ‘A caída do imperio’, ‘Escoitando cores’, ‘Fobias con amor’, ‘Mazás de Cuco’, ‘A criada xorda’, ‘Dende O Porto a San Ciprián’, ‘Estigmas’…
Creador de guións para títeres, teatro de rua, teatro radiofónico, dramatizacions de lendas medievais histórico-populares como “A cova da Serpe” e “Catalina de Santiso”… A Televisión de Galicia grabou para os programas “De Galicia para el mundo” “Galicia enteira” síntesis dos seus traballos escénicos de masas “A emigración”, en la queimada popular de Cervo, “A rebelión irmandiña”, nos alrededores del Castillo de Moeche, e “O Milagre do San Campio”, en Fazouro.
Así mesmo, logrou algúns premios no eido do xornalismo, do teatro, narrativa e poesía. Algúns deles foron o Primeiro Premio no “I Certame de Xornalismo Lorenzo Varela” polo artigo “Lorenzo Varela, Quixote con alma galega”; primeiro Premio no “XXIX Certame Nacional de Xornalismo Belén de Begonte” polo artigo “A nosa semente”; ou o primeiro Premio no “XXX Certame Nacional de Xornalismo Belén de Begonte” polo artigo “A luz da igualdade”.
Ademais, logrou o primeiro premio “Laxeteatro” por “San Campio”, premio especial do público e premio ó mellor na IV Mostra de teatro de Sada coa obra “O Mariñán” e o premio ó mellor espectáculo, entre os vintesete presentados, en os IX Domingos a Escena de Caranza, Ferrol coa obra “R.I.P. Marandaina”.
No campo da narrativa, tamén ten logrado o primeiro premio no “IX Certame Manuel Orestes Rodríguez López” polo traballo: “Da auga e da terra de Paradela”, no “X Certame Manuel Orestes Rodríguez López” por “Tempos de morno asubío”, no “XV Certame Literario A Pipa de Becerreá” por “O mudo de Becerreá” e no “XV Certame Literario A Pipa” pola obra “Cando o mudo falou”.
Os Aventados acordaron tamén por unanimidade a concesión dos premios “A” de calidade entre os establecementos hosteleiros ó Restaurante Bar Marinero de Ribadeo pola calidade da súa gastronomía, a posta en valor do sector turístico da bisbarra e a esmerada atención e dedicación dos seus propietarios ó negocio.
Tamén á Confitería Val de Brea de Mondoñedo pola dilatada historia facendo e prestixiando a tradicional pastelería e postres de Mondoñedo, por o encanto do establecemento xa recollido en varios escritos por o mindoniense insigne Álvaro Cunqueiro.
E, finalmente, tamén á Librería Bahía de Foz, unha empresa familiar con décadas de existencia, fundada polo patriarca SUSO DO BAHIHA, que serveu e serve de foco cultural e literario de A Mariña de Lugo.