Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Pasatempos de Primavera de Cervo inclúen o Encontro de Palilleiras, a Festa do Mexillón ou o Día do Xubilado

Cervo, 31 de marzo de 2014- O Concello de Cervo continúa coa súa intención de achegar a toda a poboación a programación de eventos e actividades. Para iso vén de editar os Pasatempos de Primavera, un folleto de deseño doado e atractivo que, ao igual que se vén facendo nos últimos meses, enviarase a todos os domicilios de Cervo para que a poboación coñeza a oferta de lecer do municipio.

Nesta caso, os Pasatempos inclúen os actos previstos para os meses de abril, maio e xuño. Esta é a cuarta vez que a administración local aposta por esta forma de difusión para as actividades que se realizan no municipio que, ao mesmo tempo, tamén é unha maneira de fomentar a participación de veciños e veciñas. “Queremos que Cervo siga sendo un concello dinámico e activo, no que a poboación teña moitas posibilidades para aproveitar o tempo libre. Por iso poñemos en marcha numerosas actividades e colaboramos con outras entidades”, explica o alcalde, Alfonso Villares.

Programa
En total inclúense unhas 40 actividades, algunhas delas xa habituais nos Pasatempos, como é o caso da Ocioteca, o Econtro Aberto de Música para Mozos, o Taller de teatro infantil, o Un, dous, tres ou as charlas de nutrición, que neste caso terán como tema “os superalimentos e falsos mitos na nutrición”. Ademais hai certos eventos que se veñen ofrecendo todos os anos por estas datas como é o caso dos Enredos de Semana Santa ou o Retrato cos avós.
En canto aos eventos puntuais, destacan algúns con moita tradición, por orde de celebración: O XI Encontro de Palilleiras (4 de abril), a Festa do Mexillón (19 de abril) e o XXXI Día do Xubilado (1 de maio). Da mesma maneira, tamén se celebran outros eventos como é o caso do Día do Libro, o Día do Libro Infantil e Xuvenil, ou o Día das Letras Galegas.

Medio Ambiente
Nesta primavera as actividades relacionadas co coidado do Medio Ambiente van ter un especial protagonismo. Entre elas destacan as charlas sobre reciclaxe, nas que se darán explicacións sobre a separación de residuos; as visitas ao Punto Limpo por parte dos escolares dos dous centros de primaria do municipio ou o IV Concurso de fotografía “Cervo respecta”.

Novidades
Dentro das novidades destaca o XXII Congreso Periodipesca, un evento no que se reunirá a decenas de xornalistas especializados en caza, pesca, medio ambiente e turismo rural e de aventura e que se celebrará do 1 ao 4 de maio. Tamén se ofrecerá por primeira vez unha concentración de vehículos clásicos e un curso de surf.

Asociacións
A oferta das diferentes asociacións en colaboración co Concello de Cervo é ampla e inclúe actividades como Bailes de salón, os Mercados do Souto, e a VIII Exaltación da Carne de Porco, de Airiños do Xunco; o Torneo Social do Club de Tenis de Mesa, organizado polo club de Tenis de Mesa de San Ciprián; Guateques en Rúa das Espalladoras; a VI Ruta do Poldro e a VII Feira do Gando, de Cabaleiros do Xunco; actuacións musicais a través dos Aventados; ou o Río de Lavar, das Mulleres de San Ciprián.

PASATEMPOS DE PRIMAVERA
DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
1 de abril ás 17:30 h.
Na Casa da Cultura

BAILES DE SALÓN
Todos os xoves de abril, maio e xuño de 21:30 a 00:00 h.
Airiños do Xunco/Concello de Cervo

TALLER DE TEATRO INFANTIL DE PRIMAVERA
4, 11 e 25 de abril/2, 9, 16 e 30 de maio/6 e 13 de xuño
Na Casa da Cultura

TORNEO SOCIAL DO CLUB DE TENIS DE MESA SAN CIPRIÁN
4 de abril ás 18 h. na Casa do Mar
Inscricións ata o día 4 no teléfono 609 731 878
Aberto a todos os veciños, sen límite de idade

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE PALILLEIRAS “COAS NOSAS MANS 2003-2014”
4 de abril ás 19 h.
Na sala de exposicións da Casa da Cultura
Exposición aberta do 4 ao 20 de abril
Horario: de 9 a 13:30 e de 17 a 20 h. Sábados e domingos de 17 a 20 h.

XI ENCONTRO DE PALILLEIRAS
5 de abril a partir das 10:30 h.
No pavillón municipal da Veiga
Encontro de palilleiras, venda de produtos artesáns e sorteos

GUATEQUES EN RÚA
5 e 19 de abril/10 de maio ás 21 h. na Escola de Rúa
10 de maio: Final coa Festa das Flores
As Espalladoras/Concello de Cervo

CHARLAS: “SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR”
8 de abril no Auditorio da Casa da Cultura
9 de abril no salón de plenos da Casa do Concello
Charlas sobre a reciclaxe, ambos días ás 19 h.
Concello de Cervo/Consellería de Medio Ambiente/Sogama/Ecoembes

OCIOTECA
12 e 26 de abril/3, 24 e 31 de maio/7, 14, 21 e 28 de xuño na Casa do Mar
Infantil de 11 a 12:30 e primaria de 12:30 a 14 h.

ECONTROS ABERTOS DE MÚSICA PARA MOZOS
12 e 26 de abril/10 e 24 de maio/14 e 28 de xuño
De 20 a 22 h. na Casa do Mar

MERCADOS DO SOUTO
13 e 27 de abril/11 e 25 de maio/8 e 22 de xuño na praza do Souto
Se o tempo non o permite, desprazarase ao pavillón do CEIP Cervo
Airiños do Xunco, Asociación Karrikanta/Concello de Cervo

VI RUTA DO POLDRO
13 de abril
Cabaleiros do Xunco/Concello de Cervo

ENREDOS DE SEMANA SANTA
14, 15 e 15 de abril
Na Casa do Mar
Infantil de 11 a 12:30 e primaria de 12:30 a 14 h.

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “CERVO RESPECTA”
Publicación das bases o 15 de abril

FESTA DO MEXILLÓN
19 de abril en San Ciprián
Degustación de pratos elaborados con mexillón nos bares e restaurantes de San Ciprián

CHARLAS “SUPERALIMENTOS E FALSOS MITOS NA NUTRICIÓN”
Escola de San Román: 21 de abril ás 16 h.
Casa da Cultura de San Ciprián: 21 de abril ás 18 h.
Ecomuseo de Cervo: 24 abril ás 16 h.
Escola de Rúa: 25 de abril ás 17 h.
Local social de Trasbar: 25 de abril ás 19 h.
Escola de Castelo: 28 de abril ás 18 h.
Local social da Senra: 28 de abril ás 19 h.

DÍA DO LIBRO
23 de abril durante todo o día
Na praza dos Campos de San Ciprián
Ás 12 h. lectura multilingüística do Quixote
A partir das 17:30 h. talleres infantís

VISITA AO PUNTO LIMPO
24 de abril o CEIP de Cervo nº1
29 de abril o CEIP Cervo
No polígono de Cuíña

ACTUACIÓNS MUSICAIS
Ás 20 h.
25 de abril “Canere Son”
2 de maio Actuación do grupo de corda, solista violín e voz de Mariví Maragoto do Conservatorio de Música de Viveiro
6 de xuño Actuación do grupo de vento dirixido por Delio Represas do Conservatorio de Música de Viveiro
7 de xuño: Actuación do grupo de voces “Sons de Celeiro”
Concello de Cervo/Aventados

XXX CONCURSO LITERARIO AIRIÑOS DO XUNCO
Maio

XXXI DÍA DO XUBILADO
1 de maio na praza dos Campos

XXII CONGRESO PERIODIPESCA
Do 1 ao 4 de maio en Cervo e Burela
XXII Congreso Internacional de xornalismo especializado en caza, pesca, medio ambiente e turismo rural e de aventura
Periodipesca/Concello de Cervo/Concello de Burela

EXPOSICIÓN “ALMA DA ARTESANÍA”
2 de maio ás 19 h.
Na sala de exposicións da Casa da Cultura
Inauguración da exposición 1º premio de artesanía da Mariña “Alma da artesanía”
Aberta do 2 ao 31 de maio

VII FEIRA DO GANDO
4 de maio no Guioncho
Feira de gando e xantar
Cabaleiros do Xunco/Concello de Cervo

TORNEO DE BALONCESTO INFANTIL
10 de maio ás 11 h.
No pavillón municipal da Veiga
Categorías Benxamín e Alevín

VIII EXALTACIÓN DA CARNE DE PORCO
10 de maio a partir das 17:30 h. na praza do Souto de Cervo
Airiños do Xunco/Concello de Cervo

RETRATOS COS AVÓS
11 de maio de 11 a 13:30 h. na Casa da Cultura
Netos e avós poderán facer unha foto xuntos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS
17 de maio a partir das 18 h. no salón de plenos do Concello de Cervo
Lectura da vida e obra de Xosé María Díaz Castro
Actuación das Cantareiras de Airiños do Xunco
Entrega de premios do XXX Concurso Literario
Actividades infantís
Airiños do Xunco/Aventados/Concello de Cervo

Ás 20 h. no Auditorio da Casa da Cultura
Actuación da agrupación Nova Poesía co espectáculo “Rosas para Galicia”
Concello de Cervo/Aventados

CONCENTRACIÓN DE COCHES CLÁSICOS
18 de maio ás 11:30 h.
Na praza do Concello
Percorrido polo municipio. Remate na praza dos Campos.

UN, DOUS, TRES “AVÓS E NETOS”
23 de maio ás 20 h. na Casa da Cultura

CURSO DE SURF PARA MOZOS E MOZAS
24 e 31 de maio
Inscricións a partir do 2 de maio na oficina da Omix, na Casa da Cultura, ou no 691 65 66 00
Dirixido a mozos e mozas maiores de 12 anos

CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
30 de maio

II CONCURSO DE CÓMIC
2 de xuño na Casa da Cultura
Bases dispoñibles a partir do 2 de xuño na oficina da Omix na Casa da Cultura

DÍA DO MEDIO AMBIENTE: CONCURSO FOTOGRÁFICO “CERVO RESPECTA”
5 de xuño ás 20 h. na sala de exposicións do Centro Cultural e de Servizos á Cidadanía de Cervo
Inauguración da exposición de fotografía e entrega de premios do IV Concurso de fotografía medioambiental “Cervo respecta”

EXPOSICIÓN DE CANTERÍA
6 de xuño ás 19 h. na Casa da Cultura
Inauguración da exposición de escultura do canteiro Fernando Vilariño
A exposición estará aberta do 6 ao 20 de xuño

TEATRO “UN DÍA E XA É VERÁN”
20 de xuño ás 19 h. no Auditorio da Casa da Cultura
Representación da obra de teatro do grupo do taller de teatro infantil de primavera

RÍO DE LAVAR
22 de xuño ás 17 h.
Mulleres de San Ciprián/Concello de Cervo

Exit mobile version