Site icon Crónica3.com A Mariña

Pastoriza FSF 1 – Viveiro FSF 4

Bo partido o disputado polo Viveiro no polideportivo municipal da Pastoriza diante dun conxunto local que non se lles daba nada ben as viveirenses, pois nas útlimas tempadas nunca habían acadado unha victoria nesta difícil pista.

Pese as ausencias e escasez de efectivos, o Viveiro saiu a presionar a toda a cancha dende o minuto un e levando sempre a iniciativa do partido, xa que en ataque o Viveiro combinaba con facilidade e sen arriscar a posesión do balón, o que propiciaba que tivera moitas ocasiós diante da porteria local, sendo Nerea, nunha rápido contra a que subía o 0-1 ao marcador ao pouco de empezar o partido, gol que era contrarrestado polas locais mediada a primeira metade.

Este tanto non puxo nerviosas as xogadoras viveirenses que seguiron con seu xogo combinativo e saindo con claridade da presión rival, o que as levou, nunha xogada de estratexia, no saque de porta, a acadar o 1-2, obra de Xiana, a pouco de rematar a primeira metade.

A segunda parte seguiu o mesmo guión, e as locais pouco a pouco foron afloxando a súa presión ante un Viveiro superior, que unha e outra vez saia con balón xogado e levando moito perigo diante da meta defendida por Patricia, o que trouxo como resultado o terceiro gol, que levaba a tranquilidade as visitantes que cara ao final do encontro acaban o 1-4 definitivo, ante un rival que nunca puxo en perigo a vitoria das viveirenses.

Ficha técnica
Pastoriza FSF: Patricia, Mirian, Sandra, Sandra Ferreiros e Silvia(1). Tamén xogaron.: Sara, Noelia, Lidia, Marga e Rocio.

Viveiro FSF: Diandra, Nerea (2), Xiana (1), Andrea e María. Tamén xogaron: Marta, Lorena (1) e Raquel.

Exit mobile version