Site icon Crónica3.com A Mariña

Pedreira: “O goberno de Cervo traballa para os veciños; a edil do PSOE traballa para multalos”

Cervo, 13 de marzo de 2014- A edil de Facenda, Yolanda Pedreira, defendeu o labor do grupo de goberno de Cervo fronte ás críticas dos socialistas. “O traballo e a dedicación do goberno municipal teñen resultados positivos visibles. Unha boa mostra é a actual saúde económica e financeira do Concello de Cervo, que nos permite pagar en tempo aos nosos provedores e facer investimentos” explica.

Unha situación positiva “que nada ten que ver coa débeda que nos deixou o anterior goberno do PSOE en Cervo”. Da mesma maneira, Pedreira lembra que a voceira socialista e vicepresidenta, Lara Méndez, cobra 57.500 euros “por multar aos veciños”. “A única vez que a señora Méndez moveu un dedo por Cervo foi para levantalo e votar a favor de multarnos”.

Da mesma maneira, a edil de Facenda explica que Lara Méndez cobra, ela soa, 16.000 euros máis que cinco concelleiros de Cervo xuntos.

Exit mobile version