Site icon Crónica3.com A Mariña

Pre-inscrición na Gardería Municipal de Viveiro

A Gardería Municipal de Viveiro abre o 1 de abril o prazo de pre-inscrición para o vindeiro curso 2014-2015 que permanecerá aberto ata o 30 do mesmo mes. As solicitudes poden presentarse na propia gardería, no Centro de Servizos Sociais de Viveiro ou no Rexistro do Concello. Os interesados en recibir máis información poden chamar aos teléfonos 982 56 14 61 (Gardería Municipal) ou 982 55 04 21 (Centro de Servizos Sociais).

Exit mobile version