Site icon Crónica3.com A Mariña

Profesionais de Educando en familia, a unidade de atención temperá e a unidade asistencial de drogodependencias ofreceron unha charla en Burela

060314 Foto familia (2)O salón de conferencias de Burela foi escenario esta mañá dunha charla informativa sobre A familia, como axente educativo. Foi organizada pola Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade e na mesma participaron profesionais do programa municipal Educando en familia, da unidade de atención temperá e da unidade asistencial de drogodependencias.

Os asistentes fixeron fincapé no papel que xoga a familia desde os primeiros anos de vida na educación dos nenos e nenas e engadiron que o resto das institucións actúan de xeito complementario. Desde a UAD resaltaron o papel que ten a familia fronte ao consumo de substancias ilegais por parte dos rapaces e rapazas. A unidade de atención temperá resaltou o seu traballo nas necesidades especiais que teñen os nenos e nenas que sofren de sordeira, autismo, hiperactividade… os problemas que poden presentar no deu desenvolvemento. E desde o programa Educando en familia centraron a súa intervención na importancia que ten a familia, sobre todo, nos primeiros anos de vida dos nenos e nenas.

Diana Durán sinalou que con actividades coma esta o que se persegue desde o equipo de goberno é potenciar os recursos municipais para que todas as familias que teñan algún problema deste tipo saiban onde acudir.

Exit mobile version