
A Delegación de Medio Ambiente de Burela organizou unha actividade baixo o título Que árbore é? para celebrar o día da árbore. Na mesma participaron alumn@s dos dous CEIPs da localidade e usuarios da Asociación de Enfermos Mentais da Mariña e da Fundación Eu Son. Durante toda a semana pasada foron recibindo pistas proporcionadas por Gaia para que os rapaces adiviñasen de que árbore se trataba. A clase gañadora, no caso dos CEIPs, e o rapaz que antes acertou, nos outros dos casos, foron os encargados de prantar o pasado venres, 21 de marzo, unha árbore en distintos puntos da vila. A Concelleira de Medio Ambiente quere agradecer o acollemento que esta actividade recibe ano tras ano e o entusiasmo de tódolos participantes, e recalca a importancia de conservar as superficies arboradas.