Site icon Crónica3.com A Mariña

Récord de metais (8) para as ED Lourenzá Mondoñedo no Campionato Galego de atletismo en pista cuberta

equipo en pistasA sección de atletismo das Escolas Deportivas Lourenzá Mondoñedo triunfou de novo, esta vez na cita máis importante do inverno: o Campionato Galego de pista cuberta disputado o pasado sábado 1 de marzo en Riazor.

Os atletas laurentinos e mindonienses lograron dous campionatos galegos, cinco subcampionatos e un bronce constituindo a mellor marca histórica de metais nun campionato galego de atletismo para as ED Lourenzá Mondoñedo.

Resultados:

– ANA VALLINES FERNÁNDEZ. CAMPIONA GALEGA DE 1000 METROS LISOS
CATEGORÍA ALEVÍN FEMININO.

Ana proclamouse campiona galega de 1000 metros con um tempo de 3,27,70; o que supón a súa mellor marca persoal(MMP) do ano.

AdemAis, no salto de altura puxo o listón en 1,05 quedando clasificada de 12ª.

– FERNANDO VALLINES FERNÁNDEZ. CAMPIÓN GALEGO DE PESO.
CATEGORÍA: BENXAMÍN MASCULINO.
Fernando, campión con un lanzamento de 6,10.

– ALEIX DÍAZ SALAS.
SUBCAMPIÓN GALEGO DE 50 METROS LISOS ALEVÍN MASCULINO
SUBCAMPIÓN GALEGO DE 500 METROS LISOS ALEVÍN MASCULINO
Aleix proclamouse campión da velocidade despois de pasar á final como o segundo mellor tempo(7,92) da súa serie e proclamouse prata con un tempo de 7,81(MMP).

Nos 500 metros lisos estableceu tamén a súa MMP con un tempo de 1,34,2, alcanzando así a medalla de prata.

-AINARA RODRÍGUEZ ARES
SUBCAMPIONA GALEGA DE 50 METROS LISOS ALEVÍN FEMININO.
SUBCAMPIONA GALEGA DE 500 METROS LISOS ALEVÍN FEMININO.
Ainara clasificabase nas semifinais coa segunda mellor marca da súa serie e establecía na final um tempo de 7,83 a escasas décimas do título autonómico. Prata.

Carreirón nos 500 lisos con um tempo de 1,32,9(MMP) a un segundo do título; alcanzando así a medalla de prata.

– ALEXANDRE SANTIAGO LÓPEZ.
SUCAMPIÓN GALEGO DE 1000 METROS LISOS ALEVÍN MASCULINO.
Alex ganaba a prata con un tempazo de 3,21,00 (MMP) .

– LIDIA BARREIRA GONZÁLEZ.
BRONCE EN TRIPLE SALTO.
Lidia gañaba o 3º posto con un mellor salto de 9,12; e quedaba 6ª en altura con unha boa marca de 1,25.

Outros resultados:

BENXAMÍN:
Manuel Rguez
50 lisos – 12º – 9,01
500 lisos – 7º – 1,48,6
Ian Méndez:
1000 lisos – 14- 4,09,7
Brais Díaz:
1000 lisos – 16º – 4,24,0
David Mtnez:
Altura – 12º – 0,80
Diana Lastra:
50 lisos – 12ª – 8,92
500 lisos – 16ª – 2,01
Carmen García:
1000 lisos – 7ª – 4,16,9
Altura – 8ª – 0,85
Valeria Álvarez:
1000 lisos – 8ª – 4,22,2
Altura – 6ª – 0,90
Jimena Otero:
Peso – 6ª – 3,57

ALEVÍN:
Nicolás Álvarez:
1000 – 9º – 3,42,0
Altura – 7º . 1,05
Ainhoa López:
Altura – 7ª – 1,05
Mencía Mtnez-Sierra:
Peso – 6ª: 6,94
María Vallines:
Peso – 11ª – 3,90

INFANTIL:
Claudia Graña:
2000 – 5ª – 7,56,0
50 vallas – 11ª – 10,63

Exit mobile version