Site icon Crónica3.com A Mariña

Taxa do mercado exterior da Praza de Abastos de Ribadeo

O alcalde de Ribadeo fai saber mediante un bando que foi aprobado por Decreto da alcaldía o padrón de taxa de ocupación de terreo no mercado exterior da Praza de Abastos (mercado dos mércores) para o exercicio 2014 polo importe de 47.455,20 euros, despois de ser exposto ó público durante un prazo de 20 días posteriores ó seu anuncio no BOP o 18 de marzo. Polo tanto, iníciase o procedemente de recadación para o que se determina un prazo de pagamento en voluntaria que se extende entre o 1 de abril e o 31 de maio.

Exit mobile version