Site icon Crónica3.com A Mariña

Terras de Lourenzá viaxa á Senda Costeira

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá xa está preparada para a súa nova andaina, que será este próximo domingo 16 de marzo. Desta volta toca disfrutar da fermosa ruta A Senda Costeira (GR-E-9), no seu tramo de Tapia de Casariego a Figueras. Unha distancia de 15 km e de dificultade baixa. Para anotarse poden chamar aos teléfonos 982 121006 (Pepe) ou 686 771113 (Emilio), ata o próximo xoves. O prezo é de 5 euros para os socios e 8 para os non socios. A saída será as 8:30 horas do Cantón de Lourenzá. A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá anima a tódolos amantes do sendeirismo a disfrutar desta fermosa ruta.

Exit mobile version