Site icon Crónica3.com A Mariña

Vega resalta a ampla representación lucense na executiva rexional de Novas Xeracións

Lugo, 10 de marzo de 2014.- O presidente provincial de Novas Xeracións de Lugo, Daniel Vega, salientou a ampla representación lucense na nova executiva rexional da formación xuvenil vinculada ao Partido Popular, que vén de ser elixida no congreso celebrado este sábado.

Deste xeito, Vega quixo agradecer o compromiso posto de manifesto ca provincia por parte do recen elixido presidente de Novas Xeracións de Galicia, Diego Gago. O pontevedrés contou cun amplo número de mozos populares lucenses na configuración da nova executiva.

Neste senso, Vega resaltou os nomeamentos da moza de Quiroga, Rosa Arza, como vicepresidenta da organización rexional; e do becerrense, Fermín Santín, como vicesecretario de Xuventude. A maiores, o secretario xeral de Novas Xeracións de Lugo, Fernando Carreiras, tamén formará parte dos comités de dirección e executivo de Novas Xeracións de Galicia.

Asemade, tamén figuran no Comité Executivo Rexional outros lucenses, como son o mindoniense, Alberto Fernández, e os mozos Roberto Fernández, de Foz; Marcos García Lombardero, da Pastoriza; e Sofía Pérez, de Sober.

A lista de lucenses que integran a nova executiva rexional complétase coas lucenses Yaiza Neira e Ángeles Novo; e co mozo de Sarria, Mario Castro.

Daniel Vega asegura que nestes mozos prevalece a valía e o traballo persoal; ao que engade que a través deles queda representada toda a provincia ao figurar membros de Novas Xeracións das distintas áreas comarcais.

Exit mobile version