Site icon Crónica3.com A Mariña

Voluntarios de Alcoa constrúen un mosaico no exterior da residencia de AXuda ó Enfermo Mental A Mariña

Voluntarios de Alcoa San Cibrao, xunto con residentes do centro da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña e familiares teñen previsto construír este venres 7 de marzo un gran mosaico na fachada da Unidade Residencial en Bidueira (Cervo). Dita organización recibe ademais 3.000 dólares da Fundación Alcoa como respaldo a esta acción solidaria dos traballadores da compañía.

Esta iniciativa ten unha finalidade terapéutica, ademais do embellecer o edificio, xa que se realizará con participación das persoas acollidas na residencia, tanto no deseño coma na construcción.

A Unidade Residencial da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental de A Mariña, inaugurada en 2013, é a primeira unidad residencial especializada no traballo con enfermos mentais na provincia de Lugo. Ten capacidade para 50 prazas, con habitacións dobres e individuais con baño integrado, comedor, sala de estar, cociña e aula polivalente. Presta asistencia continuada a persoas con enfermidade mental, que reciben atención integral e poden optar a novos programas terapéuticos, non dispoñibles noutros centros da provincia de Lugo, e orientados a facilitar a adaptación social de enfermos con entornos menos favorables. O edificio ubícase en Bidueira, dentro do municipio de Cervo, que acolle tamén o Centro de Atención Ocupacional para 50 persoas na pranta baixa.

Os voluntarios de Alcoa veñen colaborando dende fai anos coa Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, polo que recibiron en total máis de 33.000 dólares de Fundación Alcoa. En anteriores ocasións, os traballadores da fábrica de San Cibrao acondicionaron os patios do centro de rehabilitación psicosocial e laboral, creado unha zona de compostaxe para a horta e construido un invernadoiro, acondicionado o taller de carpintería do centro e, en 2013 e como paso previo á apertura da Unidade Residencial de Cervo, limparon e puxeron a punto as novas instalacións para a súa inauguración.

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña foi creada en 1999 para axudar a persoas con enfermidades mentais crónicas e ás súas familias. Presta asistencia nos catorce municipios integrados na área sanitaria de A Mariña de Lugo, en colaboración coas Unidades de Saúde Mental, Atención a Drogodependencia e de Hospitalización de Agudos, os servizos sociais municipais e os centros de saúde de A Mariña.

Exit mobile version