Site icon Crónica3.com A Mariña

Voluntarios de Alcoa promoven a alimentación saudable e o coidado dos montes en colexios de Foz

Voluntarios de Alcoa San Cibrao unen forzas coas comunidades educativas dos colexios Nuestra Señora del Pilar e Número 1, ambos de Foz, para educar en alimentación equilibrada e saudable no primeiro, e no coidado dos montes no segundo. As asociacións de pais de ambos colexios reciben ademais sendas contribucións de 3.000 dólares da Fundación Alcoa.

No colexio Nuestra Señora del Pilar, os voluntarios organizaron actividades dirixidas a educar na alimentación saudable que comezaron coa intervención dun médico pediatra especialista en nutrición infantil. A continuación, cada ciclo educativo deseñou carteis informativos que ilustren sobre os alimentos beneficiosos e os prexudiciais, que se instalarán no comedor do colexio e en cada aula. Así mesmo, seleccionarase a mascota “saudable” nun concurso entre as propostas dos alumnos, que degustarán tamén golosinas e sobremesas caseiros así coma zumes naturais.

E no colexio público de Foz, os voluntarios de Alcoa colaboraron cos profesores e alumnos no proxecto de embelecemento do centro educativo, que celebra o seu 50 Aniversario. Os alumnos tiveron a oportunidade de expresar a súa creatividade creando un novo mural na parede do patio do colexio. Cada curso de Primaria centrou a súa aportación na formación recibida no seu ciclo educativo sobre a conservación dos montes e os diferentes estados da vida que albergan. Partindo do estado natural dos montes, mostraron tamén os riscos que os enferman, coma a contaminación e o lume; e as medidas de recuperación e prevención. Profesores, alumnos, pais e traballadores voluntarios de Alcoa instalarán os debuxos no mural, onde quedarán expostos.

Exit mobile version