
O Grupo Humorístico Trípode visitou este pasado venres, día 28 de febreiro, a parroquia de San Martiño, convidado pola Comunidade de Veciños da parroquia. Actuou no seu centro social co seu espectáculo “Xuízo anticorrupción”, co cal conseguiu arrincar unha chea de risas por parte das varias decenas de espectadores que se xuntaron. Os veciños tamén participaron na mesma.