Con actividades coma esta ofrecemos aos nosos usuarios unha oportunidade de convivir en grupo e coñecer novos lugares e nova xente; estas actividades teñen por suposto un claro carácter lúdico ofrecendo un espazo e tempo de ocio tan necesarios para obter unha boa calidade de vida para os nosos usuarios. Trátase dunha actividade fundamentalmente social na que se poñen en xogo aspectos fundamentais como a empatía ou o traballo en equipo, todos eles primordiais para o desenvolvemento persoal. Con actividades como esta favorecemos a integración do noso colectivo na sociedade e damos un paso mais para conseguir en definitiva unha boa calidade de vida.