Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula CeMIT de Burela abre as súas portas para celebrar cursos de informática polas mañás e tardes

Burela, 1 de abril de 2014. A Aula CeMIT do Concello de Burela abre hoxe as súas portas de novo para levar a cabo diversos cursos de informática, segundo informa a Concellería de Educación. Estes cursos estarán dirixidos principalmente a persoas de diversas idades (adultos, nenos, maiores) con escasos coñecementos de informática.

Dentro dos realizados ata o momento os máis demandados son: o de iniciación á informática, o de mecanografía, o de iniciación a internet e o de procesador de textos, entre outros.

En breve se dará conta dos cursos que se programen para os vindeiros meses. Para solicitar máis información os interesados poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es

Desde a Concellería de Educación lémbranlles aos usuarios que poderán facer uso libre dos equipos e da internet da aula, de luns a xoves en horario de mañá de 09:30 a 14:00 horas e pola tarde de 15:45 a 19:15 horas e os venres de 9 a 14 horas.

Exit mobile version