Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula CeMIT de Burela acollerá un curso de repaso sobre o aprendido polos seus usuarios nos últimos meses

Burela, 28 de abril de 2014. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, acollerá un novo curso de informática impartido polo Concello de Burela.

Será Repaso dos cursos anteriores: Nesta actividade farase un repaso do aprendido nos cursos que anteriormente recibiron os usuarios na aula. As actividades van ter lugar na Aula CeMIT de Burela. A primeira delas dende o o vindeiro luns, 5 de maio, ao 15 de maio en horario de 16:00 a 17:30 horas. E a segunda actividade será impartida dende o 14 ao 23 de maio en horario de 11:00 a 12:30 horas.

Desde a aula CeMIT de Burela lémbranlles aos usuarios que poderán facer uso libre dos equipos e da Internet da aula, en horario de mañá de 12:00 a 14:00 horas e en horario de tarde de 18:30 a 19:15 horas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as actividades organizadas poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es.

Exit mobile version