Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula CeMIT do Concello de Burela acollerá dous novos cursos a partir do vindeiro luns

Burela, 14 de abril de 2014. A Aula CeMIT do Concello de Burela impartirá dous novos cursos a partires do vindeiro luns, 21 de abril. Un de mecanografía para adultos e outro de repaso e iniciación a internet para maiores.

Mecanografía para adultos: Nesta actividade ensinaráselle aos asistentes a situar as mans no teclado para escribir de forma correcta, a memorizar a situación das teclas empregando para elo o programa libre Klavaro e a sentarse correctamente para non sufrir lesións. A actividade vai ter lugar na Aula CeMIT de Burela, do 21 de abril ao 23 de maio en horario de 10:00 a 11:00.

Repaso informática e iniciación a internet para maiores: Nesta actividade farase un repaso do aprendido no curso de iniciación á informática e ensinaráselle aos asistentes a navegar por internet empregando o Mozilla Firefox. A actividade terá lugar na Aula CeMIT de Burela, dende o 21 de abril ao 13 de maio en horario de 11:00 a 12:00 hora.

O prazo para inscribirse nos dous cursos matricularse remata este mércores, 16 de abril.

Para solicitar máis información os interesados poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es.

Desde a Concellería de Educación lémbranlles aos usuarios que poderán facer uso libre dos equipos e da internet da aula en horario de mañá de 12:00 a 14:00 horas e en horario de tarde de 18:30 a 19:15 horas.

Exit mobile version