Site icon Crónica3.com A Mariña

A Banda de Música Municipal de Ribadeo ofrece o seu concerto de Semana Santa este domingo no Cine Teatro

Ribadeo, 15 de abril de 2014. A Banda de Música Municipal de Ribadeo ofrece un concerto de Semana Santa este domingo, día 20 de abril, ás 21 horas no Cine Teatro.

A banda ribadense, dirixida por David Ballester Martínez, interpretará nesta actuación un programa no que se inclúen sete pezas: Adagietto, de Jacob de Haan; Six Spirituals, de Ted Huggens; Choral Prelude, de Willy Hautvast; My Jesus! Oh, what anguish, de J.S. Bach; Ecce Homo, de E. Escobar; Adoración, de Miguel Pascual; e Mektub, de Mariano San Miguel.

Na publicidade para dar a coñecer a celebración deste concerto a nova directiva da Asociación Amadores da Música incluíu a primeira dunha serie de mensaxes para animar aos rapaces a tocar música. Explícase que “hai unha conexión entre a aprendizaxe musical e as matemáticas, de xeito que aqueles estudantes que tocan un instrumento adoitan ter unha mellor comprensión en álxebra”.

O presidente de Amadores da Música, José Luis Pulpeiro, anima aos socios a asistir a este concerto e agradécelles o seu apoio, que “é fundamental para a boa marcha do colectivo”.

Exit mobile version