Site icon Crónica3.com A Mariña

A federada ACD Xove – Senderismo en Baleira

senderismoxove - cortevellaUn grupo de 54 sendeiristas da ACD Xove – recentemente federados como ACD Xove – Senderismo e rexistrada na Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada- desprazouse a Baleira este domingo 6 de abril para facer a Ruta: A Fraga da Marronda-Alto Eo.(Baleira-Lugo) dunha distancia de 21 quilómetros de dificultade media-alta. O percorrido durou 6 horas por unha ruta “moi bonita; pois pasamos por unha das fragas autóctonas mellor conservadas de Galicia”. A comida realizouse na Área Recreativa de Cortevella, que conta con todos os servizos a carón do río Eo. A continuación o grupo fixo unha visita a Fonteo, lugar de nacemento do Río Eo, e tamén á súa Aula de Interpretación. Do mesmo xeito, tamén se fixo uha visita ó Pedregal de Irimia (Meira), lugar de nacemento do Río Miño.

Exit mobile version