Site icon Crónica3.com A Mariña

A Fundación Deporte Galego patrocina con máis de 200.000 euros equipos de alta competición de Lugo

140414lete2Lugo, 14 de abril de 2014.- Un total de 78 clubs beneficiaranse do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición da tempada 2013/2014 da Fundación Deporte Galego, ao que se destinan un total de 1.742.400 euros.

Os 78 patrocinados teñen en común contar con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel en modalidades deportivas nas que, a competición de máximo nivel, se desenvolve na categoría absoluta en sistema de liga regular, á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría, e cun volume de desprazamentos frecuente.

Na zona de Lugo, a Fundación destina un total de 232.423,54 euros para 8 equipos de alta competición. Os beneficiarios son:

RAZÓN SOCIAL

MODALIDADE

TOTAL

C. B. Breogán S.A.D.

Baloncesto

38.698,43 €

Club Porta XI C. B.

Baloncesto

26.368,52 €

Club Peluquería Mixta de Friol

Fútbol

15.339,57 €

Prone Lugo Asociación Deportiva

Fútbol Sala

44.251,73 €

C.D. Burela F.S. (masculino)

Fútbol Sala

35.378,09 €

C.D. Burela F.S. (feminino)

Fútbol Sala

28.387,91 €

Club Voleibol Emeve (masculino)

Voleibol

22.970,52 €

Club Voleibol Emeve (feminino)

Voleibol

21.028,80 €

 

Promocionar o deporte de alta competición en Galicia

O Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia é un programa da Fundación Deporte Galego que se desenvolve por quinto ano consecutivo e conta cun dobre obxectivo: por unha banda, difundir a actividade e a imaxe fundacional e da Comunidade Autónoma; e, por outra, a promoción do deporte de alta competición en Galicia.

A Fundación Deporte Galego considera que, a indubidable popularidade que acompaña a xogadores e técnicos destes equipos, convérteos en interesantes líderes de opinión sobre todo entre a poboación infantil e xuvenil á hora de emprender campañas institucionais de fomento do deporte e dos hábitos saudables, algo esencial para complementar o Plan Galicia Saudable, programa estratéxico no ámbito deportivo para os próximos anos. Un plan que está permitindo incorporar á base social galega a actividade física de xeito que a súa concorrencia sexa percibida como necesaria e ineludible.

Exit mobile version