Site icon Crónica3.com A Mariña

A I Feira Multisectorial de Ribadeo abre as súas portas no aparcamento do Eroski este xoves a mediodía con 40 firmas

Ribadeo, 16 de abril de 2014. Este xoves ás 12.00 horas abre as súas portas a I Feira Ribadeo Multisectorial que terá lugar ata o vindeiro domingo no aparcamento do centro comercial Eroski, en Vilar. No evento, no que se darán cita 40 firmas comerciais, haberá actuacións musicais polas tarde e zona de xogos para os máis pequenos.

A I Feira Multisectorial que se celebra en Ribadeo durante esta Semana Santa desenvolverase na explanada do parking do centro comercial Eroski nunha carpa de aproximadamente 1.000 metros cadrados con zona exterior e na que haberá diferentes stands das comarcas de A Mariña e do Occidente de Asturias. Estarán representados sectores como comercio e servizos en xeral, gastronomía, moda, artesanía, música, ocio, eventos, etcétera. “Habrá unas 40 firmas comerciales de Asturias y Galicia fundamentalmente, pero también de otras comunidades autónomas”, segundo explicaba fai uns días un dos organizadores, Ángel Rojo.

Na Feira Ribadeo Multisectorial haberá unha zona dedicada ós máis pequenos para que familias e grupos de amigos poidan acudir cos nenos a pasar un bo rato. “Contará con colchonetas, camas elásticas, dragón, torito… Es una zona infantil bastante amplia denominada Chiquilandia”. Polas tardes, a partir das 20.00 horas a música estará presente na carpa da Feira Multisectorial ribadense. Este xoves a partir das 20.00 horas haberá música chill out e house con Lelé, o venres á mesma hora actuará Jorge Menéndez, o cantante da orquesta Jerusalen, e o sábado volverá Lelé.

Tamén haberá sorteos de cheques regalo. O xoves a Feira Ribadeo Multisectorial abre as súas portas ás doce do mediodía. Do venres ó domingo o seu horario será dende as once da mañá ata as dez da noite.
O evento está organizado pola empresa Conoce Ferias coa colaboración do centro comercial Eroski, de Ribadeo.

Exit mobile version