Site icon Crónica3.com A Mariña

A moción do BNG sobre o servizo pediátrico nos concellos de Alfoz e O Valadouro é aprobada por unanimidade en ambas corporacións

A finais de febrero, rexistramos mocións conxuntas nos concellos de Alfoz e O Valadouro demandando o servizo de pediatría nos centros de saúde locais, xa que na actualidade para acceder a este servizo os usuarios deben desprazarse até Foz.

Na última semana de marzo celebráronse plenos municipais nos dous concellos, tanto unha corporación como outra aprobaron as mocións do BNG por unanimidade, polo cal en datas próximas, os alcaldes terán que dirixirse á Consellaría de Sanidade para demandar o servizo pediátrico nos centros de saúde de Alfoz e Ferreira –tal como demandaba o documento-, territorio que nós consideramos unha única comarca, cunha común identidade, historia e idiosincrasia.

Exit mobile version