Site icon Crónica3.com A Mariña

A OMIX de Lourenzá tramita as solicitudes para participar nos campamentos de verán da Xunta dirixidos a rapaces de 9 a 17 anos

Lourenzá, 1 de abril de 2014. A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Lourenzá tramita as solicitudes para participar nos campamentos de verán organizados pola Xunta de Galicia para rapaces de 9 a 17 anos de idade.

A concelleira de Educación e Cultura, Lupe Flórez Seivane, anunciou que “dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) estamos a facilitar as solicitudes para aquelas persoas interesadas en participar nos campamentos de verán que dende a Xunta de Galicia, concretamente a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, veñen de convocar un ano máis. Os beneficiarios son rapaces con idades comprendidas entre 9 e 17 anos e o prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 9 de abril, mércores”.

Lupe Flórez engadiu que “a novidade deste ano é que se poden facer as solicitudes en formato telemático para o cal prazo remata o día 10 de abril, aínda que somos conscientes de que hai moitas familias ás que a tramitación se lles fai máis complicada e polo tanto ofrecemos este servizo dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Lourenzá. A xente que estea interesada pode informarse na biblioteca municipal, que é onde temos a OMIX, en horario de cinco a oito da tarde”.

Exit mobile version