Site icon Crónica3.com A Mariña

A Ruta Ecuestre APREVAL é xa un referente autonómico que conta con máis de 250 inscritos para esta quinta edición

O vindeiro sábado 5 de abril a paraxe do Val do Ouro, nos municipios de Alfoz e O Valadouro acollerá a celebración da V Ruta Ecuestre Apreval que xa conta con 252 participantes inscritos.

Nese sentido, “dende APREVAL queremos dar as grazas a todos os que fan que esta ruta sexa un referente autonómico”.

A ruta dará comezo arredor das 15.30 horas; pero antes, entre as 12.00 e as 15.00 horas, terá lugar benvida ós participantes con algúns aperetivos na Finca Galea.

O regreso está previsto para as 19.00 horas, pero ás 17.00 xa se realizará unha parada “para coller folgos”. Xa cara ás 21.00 horas servirase nas instalacións da Finca Galea unha cea-baile coa música de Eventec.

Tamén se sortearán agasallos e se entregarán múltiples galardóns coma o da asociación que máis cabaleiros aporte; xinete/amazona máis vell@; xinete/amazona máis nov@; mister cabalo, miss egua, xinete/amazona máis lonxan@.

Exit mobile version