Site icon Crónica3.com A Mariña

Día Mundial da Saúde contra as enfermidades transmitidas por picaduras de pequenos animais

Santiago de Compostela, 3 de abril. Este ano, a Organización Mundial da Saúde (OMS) dedica o Día Mundial da Saúde a combater as enfermidades que se transmiten por vectores, ou o que é o mesmo, a través das picaduras de pequenos animais como os mosquitos, os chinches ou as carrachas.

A malaria, o dengue e o mal de chagas son tres das enfermidades transmitidas por picadura de mosquito cunha maior taxa de prevalencia. En 2012, a transmisión activa de paludismo dábase en 99 países e, segundo a OMS, ese ano houbo uns 207 millóns de casos que causaron 660.000 mortes, a maioría das cales á infancia. Calcúlase que cada minuto un neno/a morre por culpa desta enfermidade.

Por outra banda, nas últimas décadas aumentou enormemente a incidencia do dengue en todo o mundo, especialmente en zonas urbanas e semiurbanas. Calcúlase que máis de 2.500 millóns de persoas (o 40% de la poboación mundial) están en risco de contraer esta enfermidade e cada ano prodúcense entre 50 e 100 millóns de infeccións por este virus. Ao que se refire ao mal de Chagas, calcúlase que no mundo hai entre 7 e 8 millóns de persoas infectadas, a maioría das cales en América Latina, onde a enfermidade é endémica.

Actualmente non existe ningunha vacina contra a malaria, o dengue e a enfermidade de Chagas (aínda que hai distintos estudos en marca) así que a prevención, a detección precoz e os tratamentos adecuados son fundamentais para facerlles fronte.

Ademais deste tipo de enfermidades, o Día Mundial da Saúde é unha data na que as ONG de Desenvolvemento centramos a atención en tres dos oito Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) que o ano 2000 foron comprometidos por 189 xefes/as de Estado e que están directamente relacionados coa saúde:

ODM 4: Reducir en dúas terceiras partes a mortalidade infantil
Segundo datos da OMS, a taxa de mortalidade de nenos e nenas menores de 5 anos diminuíu un 47% en 14 anos. Aínda así, 18.000 nenos e nenas morren cada día, na maioría dos casos por culpa de enfermidades que se poden prever, e polo tanto evitar, como a malaria, as diarreas e a pneumonía.

A pesar das dificultades, algúns países que en 1990 tiñan taxas de mortalidade infantil moi altas conseguiron xa reducir dúas terceiras partes estas cifras. Son Bangladesh, Etiopía, Malawi, Nepal, Tanzania e Timor Leste.

ODM 5: Reducir en tres cartas partes a mortalidade materna
África Subsahariana é a rexión do mundo con maior taxa de mortalidade materna: só se atende ao 46% dos partos. É nestes nacementos onde producen a metade das mortes maternas do mundo. O risco de morrer durante o embarazo ou no parto afecta a 1 de cada 16 mulleres en África Subsahariana; nos países ricos, a 1 de cada 3.800. A educación e sensibilización da poboación e a promoción e defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres é fundamental para dar a volta a estas terribles cifras.

ODM 6: Deter e reducir para 2015 a propagación do VIH/SIDA e a incidencia de enfermidades como a malaria e outras enfermidades graves.
En 2012, o 72% de todas as novas infeccións de VIH déronse en África subsahariana. As mulleres novas son as máis vulnerables á infección debido a factores fisiolóxicos e tamén ás desigualdades de xénero na capacidade de decidir ter relacións sexuais sen riscos e a posibilidade de acceder a información e servizos de prevención e tratamento. Tamén en África subsahariana, 1 de cada 20 persoas adultas son portadoras do VIH, o 69% do total mundial. En todo o mundo, só un 28% dos nenos e nenas seropositivo acceden ao tratamento.

Actualmente queda menos dun ano para chegar a 2015, a data na que a comunidade internacional marcou como límite para cumprir os ODM e aínda que se fixeron avances importantes estase moi lonxe de conseguilos. É o momento que a comunidade internacional reflexione sobre a falta de vontade política para alcanzalos, sobre os errores cometidos e sobre as leccións aprendidas, tanto positivas como negativas.

Para as ONG de Desenvolvemento a Axuda Oficial ao Desenvolvemento é imprescindible para financiar actuacións que melloren as condicións de vida das persoas e, polo tanto, se traballe para alcanzar os ODM. Actualmente, a Xunta de Galicia dedica un 0,05 % do seu orzamento ás políticas de cooperación ao desenvolvemento, unha porcentaxe que queda moi lonxe do 0,7% comprometido no Pacto Galego contra a Pobreza asinado por todos os partidos políticos.

No período comprendido entre 2010 e2013 a cooperación galega destinou 1,4 millóns de euros á proxectos de saúde xeral e básica e 2,5 millóns a programas de saúde sexual e reprodutiva. A nivel estratéxico, a saúde é un dos eixes de traballo prioritarios para a cooperación galega segundo se establece no III Plan Director de Cooperación ao Desenvolvemento. Tamén para as ONGD galegas.

Exit mobile version