Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta de Persoal da Área da Mariña denuncia o “desmantelamento” do servizo de mantemento no Hospital da Costa

Dende a Xunta de Persoal da Área da Mariña, denunciamos o desmantelamento e abandono do servizo de mantemento dende que en xullo de 2013, entrégase a unha empresa privada a liña de electromedicina, nunha aposta clara pola privatización, invadindo competencias propias que ata o momento, eran asumidas polo persoal do centro.

Deste xeito, o goberno do PP favorece a unha empresa amiga despilfarrando 34 millos de Euros do erario público para que asuman tarefas desempeñadas por persoal do propio SERGAS. Empresa privada que incumpre de xeito s sistemático do prego de condicións por parte da empresa Ibérica de Mantenimiento S.A, que dende xuño do ano pasado se encarga do mantemento dos equipos de Electromedicina do Hospital da Costa. A empresa non cubre o servizo as 24 horas, carece de medios materiais, incumpre os prazos para a reparación e substitución de equipos e non ten a disposición do SERGAS os equipos ofertados para substituír en caso de avaría. Isto deu lugar a retirada de citas para realizar diversas probas diagnósticas -como endoscopias ou mamografías- dada a incapacidade da empresa adxudicataria para arranxar os citados equipos, “o que deriva nunha diminución da calidade asistencial sendo os mariñaos e mariñás os/as principais prexudicados/as”.

En novembro de 2013, coa xubilación dun perito e un calefactor da nosa Área Sanitaria, a Xerencia do Hospital da Costa baixo o mandato da Xerencia de Lugo, decide extinguir ditas prazas, mermando a capacidade de funcionamento do servizo público de mantemento e afondando novamente no seu abandono e desmantelamento con un obxetivo ben claro, imposibilitar o bo funcionamento do servizo para entregalo a mans privadas.

O Hospital da Costa, dende fai xa anos, deixou de ser un comarcal para pasar a ser un Xeral. En todos estes anos de crecemento do Hospital, a prantilla de mantemento non so non creceu, se non que agora vese reducida. Todo isto acontece ao tempo que dende o goberno do PP, anúnciase a promesa dunha ampliación inmediata do Hospital da Costa, ofertando en 2013, un Plan Director por un importe de 170.000€, ao tempo que reducen a prantilla que vai manter esas instalacións…….., non nos saen as contas. Por outra banda, somos conscientes de que este hospital ten 30 anos de vida e que as instalacións padecen o desgaste do tempo e requiren cada vez mais, dunha maior atención por parte do servizo de mantemento. ¿porqué entón este abandono?

Xa no ano 2000, viuse a necesidade de crear unha estrutura xerárquica no servizo, perseguindo a mellora de funcionamento do mesmo, que constaría de un Perito e dúas xefaturas de taller. Catorce anos despois e logo do crecemento deste Hospital, aquela necesidade debera ser considerada como un referente de mínimos, si o que perseguimos, e a continuidade de futuro dun servizo de vital importancia.

Dende a Xunta de Persoal da Mariña SI temos clara a importancia que o servizo de mantemento ten para o bo funcionamento deste Centro e é por iso que demandamos de esta Xerencia que o dote dos recursos necesarios para poder desenvolver un traballo de calidade e manter as instalacións en perfecto estado con:

.- A creación dunha segunda Xefatura de Taller que asuma as liñas que estaban asignadas á praza de perito amortizada.

.- A creación dunha segunda praza de fontaneiro.

.- Un servizo de mantemento integramente público.

Exit mobile version