Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA Burela celebra a primavera cun desfile e o sorteo de 500 euros entre os clientes

Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela lanza a súa nova campaña de comercio “Burela está de Primavera”, que durará ata a primeira semana de maio e na que os pratos fortes son o xa tradicional desfile de moda e o sorteo de 500 euros entre os seus clientes.

Sorteo de 500 euros
Tódolos clientes que realicen compras nos comercios de Acia Burela asociados á campaña poden cubrir as tarxetas de participación cos seus datos en cada comercio e entrarán no sorteo de 500 euros en vales de compra.

O sorteo será non presencial e realizárase o martes 6 de maio no local de Acia Burela ás 9 da noite, cando se comunicará o nome da persoa gañadora.

Desfile de moda
Unha das citas xa tradicionais e máis espectaculares tanto nas campañas de primavera e outono é o desfile de moda de Acia Burela. O evento celebrarase de novo na Casa da Cultura o sábado 17 de maio ás 6 da tarde. Nela volverán a participar numerosas empresas locais presentando as novidades da nova temporada.

Exit mobile version