Site icon Crónica3.com A Mariña

Cafetería Pastelería Anduriña, o Muelle Bar e Cafetería Xoyma vencen na Ruta das Tapas celebrada en Foz do 17 ó 19 de abril

Foz, 21 de abril de 2014. Éxito da Ruta de Tapas que se celebrou en 24 locais hostaleiros de Foz do 17 ao 19 de abril. A cita, organizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos, celebrouse por primeira vez durante tres xornadas, xa que nas pasadas edicións a súa duración era de dous días, venres e sábado. En total vendéronse unhas 10.000 tapas, segundo os datos que daba a coñecer este mediodía a directiva de ACIA Foz.

Un xurado formado por profesores de hostalería e profesionais do sector foi o encargado e elixir as tapas gañadoras desta edición da Ruta de Tapas de Foz. O primeiro premio foi para Cafetería Pastelería Anduriña con tenreira galega sobre xelatina de grelos e remolacha con salsa de tetilla e cristais de pataca; o segundo premio foi para O Muelle Bar con mar de plata e o terceiro premio desta edición foi para Cafetería Xoyma con catro sensacións: carrilleira de porco ibérico, espuma de pataca violeta, crocante de queixo de San Simón e esponxa de tomate.

Os premios serán entregados no transcurso da cena anual que ACIA Foz celebrará o vindeiro sábado, 26 de abril.

Exit mobile version